Leer en Español

Esta sección consta de duas partes, unha primeira,na que se relacionan os represaliados e se aportan alguns datos sobre eles, se fala das milicas paramilitares en Santiago e se citan alguns dos seus compoñentes. Todo este texto aparece recollido no libro : "1936, La “cruzada” en Compostela. Luis Lamela Garcia. Edicions do Castro. 2005", que xenerosamente o seu autor autorizou a transcribir nesta paxina.

A segunda, son as cartas que alguns compañeiros de Marcial envian ás suas familias ou amigos dende a súa celda e, moitas veces, poucos momentos antes de ser fusilados. Son recollidas no libro : " Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936 - 1948). Xesús Alonso Montero. Xerais. 2.009 ", que xenerosamente o seu autor autorizou a transcribir nesta páxina.

Queremos facer notar expresamente que a devandita información non leva ningún animo revanchista, nada máis lonxe da nosa vontade. Non é máis que eso, información. Simplemente, para que o interesado no tema da páxina poida coñecer os datos e os acontecementos daquelas "calurosas noites do veran compostelan do 36" que durante tantos anos foron silenciados ou manipulados.

"Non se trata de cambiar o pasado, simplemente de coñecelo, restituir a verdade e crear unha memoria democrática sobre bases certas. Unha sociedade democrática e plural ten que recoñecerse no seu pasado e o pasado democrático e plural máis fértil é o pasado democrático que é interrompido no 36, e os que protagonizaron ese pasado e foron esquecidos pola ditadura teñen que ser recordados"  ( Lourenzo Fernández Prieto . Vicerreitor de Relacións Institucionais da USC )

Para acceder ós textos "picar" sobre a portada do libro desexado.