Inauguración da Praza Marcial Villamor Varela

O sábado, 30 de Xaneiro, inaugurouse a praza de Marcial Villamor Varela, xunto á rúa do Olvido.

O sábado, 30 de Xaneiro, inaugurouse a praza de Marcial Villamor Varela, xunto á rúa do Olvido. Foi un día denso e intenso, que comezou coa entrevista que o xornalista Luis Iglesias realizou, no programa “A vivir que son dos días Galicia” da cadena SER, a Dionisio Pereira ( escoitar aqui ).

Ás 17:00 h, no Colexio Inmaculada, Dionisio Pereira, investigador e coordinador do proxecto de investigación interuniversitario “Nomes e Voces”, desenvolveu unha conferencia sobre Marcial e o seu compañeiro de militancia José Villaverde ( leer aquí ). Coma sempre, Dionisio estivo brillante e magnífico, nunha conferencia que soubo a pouco, pese que durou máis dunha hora.

A continuación, as 19:30, deu comezo o acto en si de inauguración da Praza. Contouse coa condución por parte de Miguel de Lira, e as intervencións da Concelleira do Casco Histórico Olga Pedreira, de Dionisio Pereira ( leer aquí ), de Manolo Rivas, dun representante da familia e pechou o acto o Alcalde de Santiago, Xosé A. Sanchez Bugallo.

Tamén se proxectaron os video “Olvido 18” e “Marcial Villamor” da creadora Lara Bacelo, nos que se relatan vivencias familiares que van dende as lembranzas das fillas de Marcial ata o momento de atopar “en directo” o lugar do seu asesinato e as lembranzas de Ramón, quen sendo neno presenciou o levantamento do cadaver.