Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on email
Share on telegram
Share on whatsapp

Fill@s de Josefa e Marcial

Josefa Castiñeiras e Marcial Villamor tiveron cinco fillos, tres mulleres e dous homes, que posaron para esta fotografía no que agora é o parque de Belvís. Na imaxe, tomada seguramente en 1938, aparecen vestindo loito pola morte de seu pai. De esquerda a dereita, e de arriba a abaixo, aparecen Marcial, o segundo dos fillos; Concha, a maior; Alicia, a terceira; Fina, a peúltima; e Julio, o máis pequeno deles, nado precisamente o 18 de xullo de 1936. Todos eles faleceron xa, pero souberon transmitir o amor que sentiron por seus pais e a importancia da familia.