Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on email
Share on telegram
Share on whatsapp

E chegou o día (04-07-07)

A busca rematou. O Rego dos Vidalos deixa de ser un sitio descoñecido.

A busca rematou . Coa axuda de Antonio, un home que, sendo un neno de nove anos, veu o corpo de Marcial na cuneta, e que hoxe choraba e non podía falar ó lembrar a escea, pechamos o circulo. O Rego dos Vidalos deixa de ser un sitio descoñecido. ( a disposición na seccion “fotos”)

O que sentimos neses intres … non se pode definir. Algo nos fixo notar a presencia de Marcial a tódolos que alí estábamos. Foi como un “xa descanso en paz” que nos chegou de lonxe … ou de moi preto. Ninguen poido conter as bágoas. Oirlle contar a Antonio a posición do corpo, como os rapaces da vila o velaron aquela noite, a súa lembranza textual das palabras de Dn Dario, o cura parroco, “sera comunista, pero ten alma como nos“, dirixidas ós seus feligreses … foron moitas emocions.

Antes o día xa fora dabondo. Conseguimos fotos do interior da casa onde estaba agochado. A lareira, tal e como estaba naqueles anos, onde Marcial pasaría as noites daquel inverno falando co seu primo Xosé da situación politica. Mentras, Dolores, lavaba a louza no fregadeiro de pedra. Entramos na habitación da mestra falanxista que compartia, allea, teito con Marcial.

Visitamos a Dn José, o curra parroco de Ferreira de Guntin, que puxo á nosa disposición os arquivos. Alí atopamos o certficado de enterramento de Marcial, no que Dn Dario di que “falleció el día veintiocho de septiembre a las seis de la mañana en Rego dos Vidalos, carretera de Santiago, de muerte violenta “   (contradecindo a versión oficial)  e tamen a autorización para transladar as cinzas a Boisaca no ano 1950 ( a disposición na sección “documentos”).

A tódolos que colaboraron na busca ¡¡ gracias !!