Carpinteiro e
sindicalista libertario
sindicalista libertario
Marcial Villamor chegou moi novo a Compostela, onde aprendeu o oficio de ebanista e coñeceu o pensamento anarquista. Foi militante destacado do sindicato local da CNT, e do Partido Sindicalista.
Unha vítima da
barbarie totalitaria
O 28 de setembro de 1937 foi asasinado. Un delito que xamais se investigou, ocultado desde o momento mesmo en que foi descuberto, camuflado baixo o ditame de morte por derrame cerebral
“O carpinteiro” da novela
de Manuel Rivas
O escritor Manuel Rivas tomou o nome de Marcial para a personaxe que, no cárcere de Santiago, entrega “O lápis do carpinteiro” que dá título ao seu libro.
A primeira condena
Consello de Guerra
Marcial Villamor foi condenado a prisión en outubro de 1934, por facer propaganda en favor da amnistía aos presos políticos de esquerda e contra a liberación dos militares que participaron no golpe de Estado de 1932
A barbarie franquista
A represión en Santiago
Tras o triunfo do golpe na cidade, comezou unha dura represión contra políticos, sindicalistas, universitarios, e calquera persoa que non apoiara aos fascistas.
Para que no sucedan estas cosas dejémonos pronto de quejidos inútiles y manos a la obra, a impedir que éstas se repitan. ¿Cómo?. Tenemos tres remedios principales. ¿Cuales?. La organización, la voluntad y la instrucción. La organización quiere decir unión, la unión supone fuerza, y la fuerza al servicio de nuestros derechos de justicia grita: ¡respeto!
Marcial Villamor Varela
Santiago de Compostela, ano 1929